cando a luniña aparece i o sol nos mares se esconde

todo e silencio nos campos, todo na ribeira dorme

quedan as veigas sin xente, sin ouvelliñas os montes

a fonte sin rousas vivas os arbores sin cantores

medroso o vento que pasa os pinos xigantes move

i a voz que levanta triste , outra mais triste responde

son as campanas que tocan - que tocan en sons de morte

i o corason din: " N , olvides...  os que para sempre dormen